VALINKES / SOFTWARE DE PUNTO DE VENDA
Software de TPV
para xestionar o teu negocio.
Vendas, cobros, tíckets, caixa e inventario.
Configuración do posto e módulos segundo a actividade.
A foto do restaurante é de Tima Miroshnichenko (Pexels). As demais escenas son recreacións e as pantallas son ilustrativas.
UN MESMO SISTEMA
Venda Caixa Inventario Trazabilidade VeriFactu Peches Contabilidade
FUNCIÓNS / COÑECE CADA MÓDULO
Funcións do TPV
e módulos por actividade.
Consulta as funcións de venda, caixa e inventario e os módulos dispoñibles para a túa actividade.
04
Trazabilidade
Trazabilidade do tabaco e integración con Dentsu para estancos. Outros rexistros segundo o alcance acordado.
05
VeriFactu
Consulta o módulo VeriFactu, os rexistros de facturación e a documentación da versión proposta.
CONSULTA DA ACTIVIDADE
Vendas, caixa
e inventario.
Venda, caixa, inventario, peches e contabilidade. Organizamos a información segundo o que precises no teu traballo.

POSTA EN MARCHA E USO DO TPV
Configuración, venda
e peche de caixa.
01
Prepara o posto
Definimos o catálogo, as persoas, os equipos e as tarefas. Probamos a configuración coas operacións que precisa o negocio.
02
Proba unha venda
Proba a selección de artigos, o cobro e o tícket. Despois, revisa a operación rexistrada antes de confirmar a instalación.
03
Revisa a xornada
Consulta a caixa, os movementos e os peches. Acordamos que información precisa o teu equipo e como preparar a posta en marcha.
CONFIGURACIÓN E POSTA EN MARCHA
Configuración do posto.
Alcance por escrito.
A proposta concreta as funcións, os equipos, as adaptacións e o acompañamento incluídos.
01
Probas de funcionamento.
Probamos as tarefas acordadas con datos de exemplo antes da posta en marcha. Revisamos o funcionamento nos equipos previstos.
02
Unha proposta con alcance definido.
Detallamos que inclúe a instalación, que require desenvolvemento e que comprobacións quedan pendentes. O orzamento recolle esas condicións.
03
Configuración segundo a actividade.
Configuramos a distribución, os textos, as iconas, os accesos e os módulos do posto segundo as tarefas do equipo. As funcións novas orzaméntanse por separado.
04
Opcións de accesibilidade.
Textos e iconas ampliables, axudas sonoras e avisos por vibración en terminais compatibles. Revisamos as axudas coas persoas que van usar o sistema.
Descubre como coidamos os accesos, os equipos y a posta en marcha.
ACCESIBILIDADE / DISTINTOS XEITOS DE TRABALLAR
Tamaño do texto
e avisos do posto.
Textos e iconas ampliables, módulos con son para persoas cegas e avisos por vibración para persoas xordas en terminais compatibles. Revisamos a configuración e a dispoñibilidade para cada posto.
SOFTWARE PROPIO / VALINKES
Desenvolvemento propio
e adaptacións á medida.
Desenvolvemos VALINKES TPV. Podemos estudar unha necesidade concreta, definir como resolvela e comprobar o resultado contigo.
A base é común. A configuración e as adaptacións responden á actividade, aos equipos e ao xeito de traballar de cada negocio.
Xa o usan bares, perrucarías e estancos.
CONSULTA E ORZAMENTO
Solicita unha demostración
e un orzamento.
Cóntanos como traballas. Concretamos a configuración, os equipos, as adaptacións e o acompañamento antes de preparar unha proposta.







